Adif adxudica por 10 millóns as obras da mellora da vía entre Vilagarcía e Padrón

Melloraranse as instalacións de control de tráfico, comunicacións e seguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Adif AV adxudicou á UTE das compañías Alstom Transporte e instalacións e Técnicas Eléctricas Asturianas a redacción do proxecto e as obras, cunha dotación de 10 millóns de euros --con financiamento de fondos europeos--, do tramo do tren entre Vilagarcía de Arousa e a bifurcación de Angueira, en Padrón.

O tramo Vilagarcía-Bifurcación Angueira formaba parte da liña Redondela-Santiago antes da posta en servizo da alta velocidade do Eixo Atlántico. O seu trazado, que bordea a costa, inclúe as estacións de Catoira, Pontecesures, Padrón e A Escravitude. Así, melloraranse as instalacións de control de tráfico, comunicacións e seguridade. "Con esta actuación incrementarase a fiabilidade e capacidade do tramo, aumentando a regularidade das circulacións e potenciando tamén o tráfico de mercadorías, no marco do corredor atlántico ferroviario", explica Adif nun comunicado.

Entre as principais actuacións que se abordarán atópanse: A instalación dun novo enclavamiento electrónico na estación de Pontecesures e adecuación dos existentes en Vilagarcía, Catoira, Padrón e A Escravitude; elevación de nivel do sistema de bloqueos (ferramenta para o control automatizado do tráfico) nas estacións do tramo Vilagarcía-A Escravitude; instalación de focos e sinais de tecnoloxía LED; instalación de novos sinais e contadores de eixos; novos equipos de telefonía; renovacións de cableado de telecomunicacións e enerxía. Finalizadas as actuacións, a liña quedará lista para a súa futura electrificación a 25 kV.

Imaxe dunha vía de tren
Imaxe dunha vía de tren | Fonte: ADIF AV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta