Como facían os nosos avós cando lles caía un dente de leite

Entón non exístía o rato Pérez, nin había presente. Os detiños eran guindados á lareira. “Toma lumiño, este dentiño para que o novo saia máis direitiño”, dicían ao facelo.

Por Galicia Confidencial | Vila de Cruces | 14/06/2015 | Actualizada ás 23:25

Comparte esta noticia

O rato Pérez é unha invención moderna. Ese animaliño que, nocturnamente, escala os pes das nosas camas,para levar o dente que deixamos na almofada e deixar un presente, chegou coa televisión e coa globalización.

Unha pequena amosando o seu dente de leite
Unha pequena amosando o seu dente de leite

Antes, os dentes tamén caían e a milleiros, pero non viña ningún rato a apañalos. Os dentes servían de combustible de lareiras e lumes, precisamente, para traer novos desexos. Así, acontecía, cando menos en Vila de Cruces, tal e como acaba de poñer en valor un fermoso traballo realizado polo Club da Lingua do IES Marco do Camballón.

Toma, luminho, este dentinho" é un traballo audiovisual no que participaron moitas persoas do concello e mesmo doutros países. A súa intención é “comunicar,  desde o instituto, a xente maior cos as nenas e nenos pequenos a través dun rito: que facemos cando cae un dente de leite?”.

O documental pretende ser unha experiencia interxeracional a través da nosa lingua, e as palabras da nosa xente maior e da xente nova. Pretende descubrir que facían fai moitos anos os nosos avós cando lles caían os dentes de leite. cando lles encalan os dentes de leite, os nenos que hoxe son as nosas avoas e avoas.

Antigamente, os dentes das nenas e os nenos eran botados ao lume, á borralla da lareira ou enterrábanse. As veces eses ritos acompañábanse con palabras “Toma, lumiño, este dentiño

para que o novo saia máis direitiño” ou “O vello a arder, o novo, a nacer".

Este é o vídeo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 ksNT

POr qué esta en portugués? Que ten que ver con Galicia?

1 jos

O potuguês é a língua oficial e própria da Gz sob a denominação "Galego". Segundo a opinião política de muita gente, entre outra, aparentemente, a que participou no trabalho.

2 RpKX

E quen o dí? Carlos Jesus, Leonardo Dantes ou Isaac Estravis? Contame máis amigo portugués.

3 eusi

Lindo lindo

2 O Britanico

A nos diciannos que o habia que habia que botar os dentes na lareira porque se os comian as galinhas nacia uma pluma no seu sitio.

1 jos

Magnífico trabalho.