CGT Ferrol reclama a volta da fragata Méndez Núñez e o buque Patiño por colaborar con EE UU "en apoio a Israel"

O sindicato advertiu de que "ambos os buques están integrados" na frota que acompaña ao portaavións Gerarld R. Ford, o máis grande da Armada estadounidense.

Por E.P. | Ferrol | 13/11/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A sección do sindicato CGT en Navantia-Ferrol denunciou que "a pesar das informacións interesadas" da Armada española que dá a "entender" que a fragata Méndez Núñez e o buque de aprovisionamento de combate Patiño navegan polo Mediterráneo como consecuencia da guerra en Ucraína "non é así" e advertiu de que "ambos os buques están integrados" na frota que acompaña ao portaavións Gerarld R. Ford, o máis grande da Armada estadounidense, enviado "polo seu goberno en apoio a Israel".

"Isto non é unha suposición da CGT. Como no caso dos crimes de guerra e lesa humanidade que o estado sionista-fascista está a cometer a ollos do mundo enteiro, EE UU tampouco se esconde: as propias redes sociais da OTAN informan de que a Méndez Núñez está a operar co Gerald R. Ford no Mediterráneo oriental", sinala o sindicato, achegando pantallazos destas redes sociais.

Ademais, agrega que o buque Patiño é "esencial para soster aos barcos (da flotilla) en operacións". "Isto é unha vergoña", denuncia, para reclamar "parar a masacre xa" e sinala que ambos os buques, construídos en Ferrolterra, "non foron construídos para que colaboren nun xenocidio".

A CGT cre, e así o proporá no comité de empresa, que é necesario mobilizarse como traballadores de Navantia Ferrol para esixir ao Goberno a volta inmediata dos barcos, a "anulación de toda colaboración de Navantia con empresas israelís e a ruptura das relacións diplomáticas e comerciais" con Israel.

A fragata 'Méndez Núñez' parte do Arsenal Militar de Ferrol.. ARMADA
A fragata 'Méndez Núñez' parte do Arsenal Militar de Ferrol.. ARMADA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta