Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/11/2023 | Actualizada ás 15:33
Dous homes foron detidos nas últimas horas en Pontevedra como presuntos autores de senllos delitos de violencia machista. Segundo informou este mércores a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Villaverde, as detencións foron posibles grazas á colaboración cidadá.
Eva Villaverde informou que estes dous casos "moi graves" rexistráronse no centro urbano. O primeiro tivo lugar este martes sobre as dúas da tarde nun domicilio da cidade. Varios veciños chamaron ás policías nacionais e local alertando dunha forte discusión no interior dunha vivenda con berros e chamadas de auxilio por parte dunha muller.
Os axentes que acudiron ata esa vivenda comprobaron que a vítima tiña lesións na cara, polo que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo para ser atendida. Mentres o home foi detido. O segundo caso ocorreu sobre as catro da madrugada deste mércores en plena rúa. Unha testemuña presenciou como un home zarandeaba e propinaba dúas labazadas a unha muller, polo que chamou á Policía Local, que detivo ao agresor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.