Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 11:15
Os traballadores da empresa auxiliar Maessa cortaron á primeira hora da mañá deste mércores, 22 de novembro, o acceso ao ciclo combinado de Endesa nas Pontes cunha barricada en demanda de solucións ante a finalización dos seus contratos, que expiran o 30 de novembro.
O presidente do comité de empresa, Fernando Gallego (CC.OO.), asegurou en declaracións a Europa Press que a reivindicación demanda "respostas" a Endesa ante o fin dos contratos. "Toda a industria auxiliar imos á rúa", aseverou.
"Non temos ningún tipo de resposta, non sabemos que vai pasar connosco cando en Madrid se asinou un acordo tripartito no cal reza que a industria auxiliar non pode tocar o paro, ben sexa con cursos de formación, ben sexa con empregabilidade", afirmou o sindicalista.
"Ímos para casa cunha man diante e unha detrás", engadiu o representante dunha empreas que conta a día de hoxe con 36 operarios.
O secretario xeral de CC OO Industria de Galicia, Víctor Ledo, reclamou "solucións" para os 36 traballadores da empresa auxiliar Maessa que desenvolven o seu traballo na central térmica de Endesa nas Pontes, ademais de pedir tamén unha continuidade para o resto de operarios de auxiliares destas instalacións.
Ditas manifestacións realizounas o representante sindical este mércores nas Pontes, alertando que este xoves "acaba o período de consultas do ERE extintivo de Maessa", no que hai que afrontar un despedimento colectivo que non comparten porque, denuncian, "esta compañía podería ofertar traballo para seguir operando en tarefas de desmantelamento, que xa o levan facendo nos últimos meses".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.