O río Tins, en Outes, converterase no primeiro de España cos seus dereitos recoñecidos

O proxecto pretende recuperar o bosque de ribeira, controlar as especies exóticas invasoras como as acacias, a tradescantia fluminensis ou as crocosmias, así como limpar as marxes de resudios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O Tins converterase no primeiro río de España que terá os seus dereitos recoñecidos grazas á iniciativa do Concello de Outes. A 'Declaración de Dereitos do río Tins' será debatida o vindeiro venres nunhas xornadas organizadas polo consistorio local, que pretende que este río se some á lagoa do Mar Menor como ecosistemas do Estado con status legal recoñecido.

No planeta hai varios cursos fluviais que gozan deste recoñecemento, como o Whanganui de Nova Zelandia, o Ganges da India, o Buriganga de Bangladesh ou o Atrato de Colombia. A declaración pretende mellorar os mecanismos de protección e posta en valor deste ecosistema, un proceso no que o municipio coruñés quere implicar aos seus veciños.

O proxecto pretende recuperar o bosque de ribeira, controlar as especies exóticas invasoras como as acacias, a tradescantia fluminensis ou as crocosmias, así como limpar as marxes de resudios e organizar actividades divulgativas sobre o Tins.

A meta, segundo explicou o concello, é ir máis aló da recuperación do espazo para avanzar cara á creación "dun compromiso social máis aló da propia vida do proxecto para manter vivo o seu legado".

Río Tins. CONCELLO DE OUTES
Río Tins. CONCELLO DE OUTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta