Mesa de traballo en Verín convocada polo Clúster de Turismo de Galicia

O obxectivo desta reunión foi dar inicio ao proceso de elaboración do Diagnóstico Estratéxico sobre a situación do turismo en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Verín | 05/12/2023 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A sesión contou coa presenza Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura e Festexos no Concello de Verín, de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster, e Gabriel Alen, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense; así como alcaldes e concelleiros da comarca. Tamén participaron representantes destacados do sector privado, incluíndo aloxamentos, restauración, empresas de servizos turísticos, asociacións de sendeirismo e produtores agroalimentarios locais; así como técnicos de turismo e outros axentes involucrados.

Reunión no Parador de Monterrei. Foto: Prensa Concllo de Verín.
Reunión no Parador de Monterrei. Foto: Prensa Concllo de Verín.

Samanta Barreira subliñou a relevancia destas mesas de traballo como o primeiro paso crucial cara á formulación do Diagnóstico Estratéxico. "Agardamos que todos os esforzos realizados nestes encontros se plasmen de maneira tanxible nos diversos programas de Turismo".

Tamén enfatizou a necesidade de abordar temas cruciais como a conectividade na rexión e a cualificación profesional, subliñando os novos desafíos que enfronta o sector turístico en Verín. Ademais, avogou pola "cooperación e colaboración entre os diferentes axentes para lograr un xeodestino máis sostible e competitivo", finalizou Barreira.

CONTEXTO DESTE ENCONTRO

Esta reunión formaba parte dunha serie de vinte encontros territoriais convocados co obxectivo de recoller de maneira participativa as opinións e necesidades do sector turístico. A sesión específica sobre Verín e o súa contorna permitiu coñecer de preto as demandas e desafíos específicos deste destino, involucrando tanto a axentes públicos como privados.

Barreira agradeceu a participación de todos os presentes e expresou o seu compromiso co desenvolvemento dun turismo máis sólido e en sintonía coas características únicas de Verín e da comarca de Monterrei. Este encontro marca o inicio dun proceso colaborativo que contribuirá a reforzar a posición de Galicia como un destino turístico destacado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta