"Novembro negro" para o pequeno comercio en Galicia

UPTA alerta da perda de case 500 autónomos o pasado mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2023 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) lamentou un "novembro negro" para o pequeno comercio e a hostalaría, tras o peche de 5.500 negocios o mes pasado.

Segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, o Réxime Especial de Traballadores Autónomos perdeu en novembro 1.069 afiliados a nivel nacional, sendo a hostalaría (-3.041) e o comercio (-2.461) os sectores que presentan peores resultados, xunto á industria manufactureira.

O resto dos sectores pechan os meses en positivo, destacando as actividades profesionais e a educación, que superan en ambos os casos o milleiro de novos afiliados.

Por territorios, oito comunidades autónomas presentan saldos negativos, con Baleares á cabeza, con 3.500 efectivos menos. Tamén perden afiliados Galicia (-431) e Castela-A Mancha (-375), entre outras.

Protesta de hostaleiros e autónomos en Ferrol
Protesta de hostaleiros e autónomos en Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta