Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 12:33
A embarcación do presidente da agrupación de mariscadores da Confraría de Aguiño amenceu este martes afectada polo lume, que calcinou a lona de protección e algúns elementos do barco, presumiblemente, tras o lanzamento dun artefacto incendiario.
O presidente dos mariscadores decatouse do sucedido á primeira hora, cando acudiu a recoller aparellos na embarcación, aparcada sobre un remolque, e comprobou que un lume derretira a lona de protección da mesma, e afectara ao chan e a outros elementos da lancha.
De inmediato, puxo os feitos en coñecemento da Policía, que se desprazou ata a zona con varios efectivos para recoller probas, entre elas un elemento similar a un cocktel molotov que puido ser arroxado con lume á embarcación. Está en marcha unha investigación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.