Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 16:03
O Concello de Ribadumia decretou tres días de loito oficial pola morte do edil socialista José Ramón González Lede aos 41 anos mentres se atopaba de viaxe fóra do país.
A noticia causou pesar no municipio do Salnés e na familia do Partido Socailista, cuxo máximo responsable en Galicia, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou o seu afecto a familia e achegados a través dunha mensaxe en redes sociais.
Coñecido como Pepe Lede, o concelleiro socialista levaba doce anos dedicado á poítica municipal en Ribadumia, onde foron suspendidas todas as actividades organizadas polo concello durante o próximos tres días.
O vindeiro sábado 30 de decembro, o goberno local convoca un minuto de silencio en honra ao concelleiro que terá lugar ás 13,30 horas na sede do consistorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.