O sindicato de Enfermaría Satse reclama ao Sergas recuperar os 9 días de libre disposición para todo o persoal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2023 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O sindicato de enfermeiras Satse en Galicia esixiu por escrito ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que recupere os nove días de libre disposición para todo o persoal que había ata 2012. Agora mesmo, hai seis días de asuntos propios.

Tal e como explica a organización nun comunicado, os nove días eran "dereitos que se gañaron e que con motivo da crise deixaron de gozarse". Por iso, máis dunha década despois, reclama a rehabilitación do dereito para o exercicio 2024.

A secretaria xeral de Satse en Galicia, Asunción Maus, lembra que a lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2023 modifica o real decreto-lei do ano 2012 que "impuxo numerosos recortes" en materia de condicións laborais, polo que o sindicato de Enfermaría advirte que xa se deben recuperar os acordos e convenios que "quedaron suspendidos" entón, con motivo da crise.

Neste sentido, Maus enviou un escrito ao Sergas para reclamar o goce deses nove días para todos os profesionais do Sergas, como un "dereito rehabilitado". Tamén esixe que se renoven as comisións de seguimento e de negociación de acordos que tamén no seu momento "quedaron suspendidas".

Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago / Europa Press / Europa Press
Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta