O TSXG paraliza preventivamente o parque eólico Alto de Montouto

Situado nos concellos pontevedreses da Cañiza e Covelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2023 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) paralizou preventivamente a execución do parque eólico Alto de Montouto, situado nos concellos pontevedreses da Cañiza e Covelo, tras estimar unha petición da asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, Atlántica e Verde, para a paralización cautelar da execución do parque. No auto, con data de 15 de decembro, os maxistrados din "non ter dúbidas" de que "existen moitas posibilidades de que a afectación ao medio sexa efectiva e irreversible".

Foi a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta a encargada de ditar a resolución que outorgaba autorización previa e administrativa para a construción do parque eólico, agora paralizado. O auto ditado polo TSXG, estima a pretensión da asociación ecoloxista en base á "división artificiosa do parque e defectuosa tramitación da información pública".

Ademais, o TSXG declarou que dada a confluencia de varios parques eólicos nas inmediacións do proxecto 'Alto de Montouto', non se pode "dar por enteiramente veraz" a súa declaración de impacto ambiental (DIA) nin os informes que a apoian, pois é unha "incógnita" se esta refírese a a "radiografía exacta do medio ou estaría mediatizada pola fragmentación artificiosa do parque".

Do mesmo xeito, apoiándose no principio de precaución do Dereito Comunitario, afirmou que non serviría permitir a execución do proxecto se posteriormente "hai que desfacer o status quo á conta do erario público".O auto do tribunal galego recalca que o gran lapso de tempo que tivo que esperar a empresa promotora para obter a autorización fai que non sexa "moi equitativo pola súa banda" botar a culpa á xustiza da caducidade das autorizacións administrativas. Finalmente, o auto recoñece que a asociación ecoloxista "invoca con éxito" a doutrina de aparencia de bo dereito para conseguir a suspensión cautelar do acto administrativo, anulando os actos similares relativos á autorización de parques eólicos.

Parque eólico Alto de Montouto entre a Cañiza e Covelo / Ecoloxistas en Acción / Europa Press
Parque eólico Alto de Montouto entre a Cañiza e Covelo / Ecoloxistas en Acción / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta