Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/01/2024 | Actualizada ás 10:29
O litoral da provincia de Pontevedra está en alerta laranxa desde o mediodía deste mércores por temporal costeiro; un aviso que xa afectaba á provincia da Coruña e á Mariña lucense. As previsións apuntan a ventos de forza sete e ondas de ata seis metros no norte da comunidade.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acordou esta medida preventiva que está vixente desde primeira hora deste mércores, xornada na que o resto da costa galega, é dicir, o litoral de Pontevedra, está en aviso amarelo tamén polas condicións adversas que se esperan para todo o día. As previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) apuntan a ventos de forza sete mar dentro en Estaca de Bares e mar combinado con ondas de ata seis metros, mentres que no resto de costa a ondada podería superar o cinco metros de altura.
A Xunta apela a extremar as precaucións mentres dure este fenómeno, que se espera que empece a remitir a partir da caída da noite. Así, recomenda manterse fóra da liña de costa, revisar os cabos das embarcacións e manter a cautela se se ten que realizar calquera actividade no mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.