Ingreso en prisión para o detido na Coruña tras unha persecución da Policía Nacional
Así o informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que explicaron que se acordou o seu ingreso en prisión polas tres requisitorias que tiña en vigor de detención e ingreso en prisión, unha de Betanzos e dúas da Coruña, por quebrantamento de condena, condución sen permiso e condución temeraria.