Bombeiros comarcais denuncian "presións" para negociar coa colocación "ilegal" de vídeovixilancia nos parques

O presidente do Comité de Folga, Anxo Moldes, criticou que para observar a realidade do seu traballo sería "máis adecuado" instalar as cámaras nos vehículos e nos cascos dos bombeiros para recoller as "grandes carencias" de persoal no sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2024 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O comité de folga dos bombeiros comarcais denunciou que esta semana empezaron, "sen previo aviso", os traballos de instalación de sistemas de videovigilancia nos parques dependentes dos consorcios provinciais de extinción de incendios e salvamento.

Os bombeiros que levan en folga desde xuño para reclamar diferentes melloras, como incrementos retributivos e de persoal, consideran que esta medida de "implantación xeneralizada" é unha "ferramenta de presión" da Xunta e das deputacións no proceso de negociación no que están inmersos.

"Non sabemos se buscan brindar seguridade ou supervisar os procesos de produtividade, pero están a montar equipos que non cumpren cos preceptos que establece a lexislación, xa que as cámaras que se instalen non deben rexistrar audio, e todas elas dispoñen de micrófonos, avanzados sistemas de procesado e compresión de arquivos de son", manifestou José Luís Pareja, membro do Comité de Folga que o pasado martes observou como un técnico iniciaba os traballos de instalación no parque de bombeiros de Ordes.

Así mesmo, o presidente do Comité de Folga, Anxo Moldes, criticou que para observar a realidade do seu traballo sería "máis adecuado" instalar as cámaras nos vehículos e nos cascos dos bombeiros para recoller as "grandes carencias" de persoal no sector.

Decenas de bombeiros dos parques comarcais de Galicia durante a protesta por unha mellora das condicións laborais, fronte á Deputación de Lugo, a 31 de outubro de 2023, en Lugo / Carlos Castro - Arquivo / Europa Press
Decenas de bombeiros dos parques comarcais de Galicia durante a protesta por unha mellora das condicións laborais, fronte á Deputación de Lugo, a 31 de outubro de 2023, en Lugo / Carlos Castro - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta