Por Manuel Vilas | Madrid | 27/07/2015 | Actualizada ás 08:00
O procedemento negociado sen publicidade é unha vía legal contemplada na Lei de Contratos para adxudicacións que cumpran certos requisitos. En vez de publicar as bases do concurso para que se presenta quen queira, a Administración pode invitar únicamente as empresas que estime oportuno. En oito ocasións nos últimos cinco anos, Defensa estimou oportuno invitar a consultora do ex-ministro. Das 16 adxudicacións negociadas sen publicidade obtidas por Everis do estado dende 2010, oito veñen dese Ministerio.
A lista de contratos adxudicados sen publicidade a empresa do ex-ministro por parte deste Ministerio é a seguinte:
"Elaboración de documentación técnica para auditorias" por 29.995 euros en agosto de 2010.
Servicios de auditorías de seguridad en los sistemas de información de la red de propósito general del Ministerio de Defensa que dan soporte a operaciones de mantenimiento de paz" por 57.120 en agosto de 2010.
"Inventario, y clasificación por nivel de riesgo, de contenidos no protegidos almacenados en servidores del MINISDEF" por 59.800 euros en outurbro de 2010.
"Adecuación a la LOPD en distintos organismos del MINISDEF" por 50.847 euros en outubro de 2010.
"Desarrollo del Laboratorio de Seguridad, Auditoría Técnica, análisis de Vulnerabilidades y Gestión de la LOPD del Ministerio de Defensa" por 203.000 euros en novembro de 2012.
"Desarrollo del Laboratorio de Seguridad, Análisis de vulnerabilidades, adecuación a la Ley Orgánica de Protección de Datos y Esquema Nacional de Seguridad del Ministerio de Defensa" por 138.905 euros en xuño de 2013.
"Servicios para el desarrollo del Laboratorio de Seguridad y Análisis de Vulnerabilidades" por 96.600 en maio de 2014.
"Asistencia técnica para la elaboración del plan de seguridad de la información del proyecto SIS II, de la Subdirección General de sistemas de información y comunicaciones para la seguridad" por 59.000 euros en setembro de 2014.
Everis está vinculada ao Partido Popular a través de Eduardo Serra Rexach, quen fora ministro de Defensa no primeiro goberno de José María Aznar. Serra Rexach é conselleiro de Everis, vicepresidente do grupo e presidente da Fundación Everis, da que depende outra institución, a Fundación Transforma España.
Esta vaga de contratos a Everis produciuse mentres aumenta o debate sobre a "porta xiratoria". É dicir, sobre os altos cartos da administración que, tras xestionar as finanzas públicas, acaban nos consellos de administracións de empresas que ou dependen moito das decisions do regulador público ou, como é o caso de Everis, facturan sobre todo á administración.
O caso de Serra Rexach non é unha excepción. Isabel Tocino (Banco Santanter), Rodrigo Rato (Telefónica) ou Ángel Acebes (Rede Eléctrica de España) son outros dos ex-ministros de Aznar que participan ou participaron en grandes compañías cuxo futuro depende en boa medida das regulacións do lexislador. Unha lista parcial, e desactualizada, deses altos cargos pode consultarse aquí.
Con todo, Rexach diferénciase doutros ex-ministros en que segue mantendo unha activide pública relacionada inderectamente coa política. Transforma España, Fundación dependente de Everis, é autora do chamado "decálogo de un programa electoral" , que o ex-mandatario público anda a presentar estes días nos medios. Serra asegura que as dúas maiores demandas dos electorado para os programas son que se explique a política de pactos para despois das eleccións e que se poñan cifras económicas a canto vai custar cumplir as promesas, dúas liñas argumentais que tamén defende o PP.
En 2014, tanto PP como PSOE impediron que a Ley del Ejercicio del Alto Cargo de la Administración del Estado creara novas barreiras para limitar o impacto da "porta xiratoria".
En Galicia, a Xunta adxudicou 16 concursos non abertos á empresa dun ex-ministro. Everis é unha das multinacionais interesadas en facerse coa xestión do futuro parque tecnolóxico de drons que o Estado construirá en Rozas, Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.