Martiño Noriega ispe a El Correo Gallego

O rexedor denuncia que o PPdeG pagoulle ao xornal compostelán 200.000 euros os cinco primeiros meses do ano. “Iso non explica todo, nin falta que fai. Tampouco explica, os seus editoriais onde máis aló da lexítima crítica empresarial e xornalística, superan límites para entrar na descualificación persoal de maneira reiterada”, critica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Martiño Noriega vai desvelando, aos poucos, os “poderes fácticos” de Santiago de Compostela dos que falou nunha entrevista a GC durante a campaña electoral. Naquel encontro, o hoxe rexedor compostelán era moi contundente ao suliñar que había determinados “poderes” que non querían que Compostela Aberta chegara ao poder. 

Martiño Noriega nunha entrevista en Correo TV, a TV do grupo El Correo Gallego
Martiño Noriega nunha entrevista en Correo TV, a TV do grupo El Correo Gallego

Dous meses despois daquelas palabra, Noriega xa apunta directamente co dedo e sinala a El Correo Gallego. Este medio, di, recibiu do anterior goberno popular de Agustín Hernández durante os cinco primeiros meses do ano un total de 200.000 euros en base a subvencións e convenios de publicidade. 

O alcalde de Compostela aberta publicou no seu perfil de FB unha dura crítica contra El Correo Gallego a quen acusa de “superar límites para entrar na descualificación persoal de maneira reiterada”. 

“Segundo datos do servizo de intervención municipal destes días, o Concello de Compostela gastou de fondos propios máis de 400.000 euros en publicidade e propaganda nos primeiros cinco meses do ano antes do cambio de goberno, deixando esa partida sen fondos sobre o orzamentado para todo o 2015. Máis da metade nun medio de comunicación da capital (ECG)”, apunta.

Unha información que aporta para tentar explicar os seus duros editoriais contra el.  “Levo anos encaixando críticas con elegancia. Son a peaxe que hai que pagar cando te equivocas, cando defendes outra maneira de facer ou as veces non practicas o “Si señor” ou “o pagar con cartos de todos e todas para que falen ben dun”, apunta.

Sen embargo, recoñece que lle preocupan certas informacións deste medio cando “son un fin en si mesmo que xeran crispación no meu entorno persoal e incluso cuestionan uns resultados electorais dunha candidatura de unidade popular como foi Compostela Aberta”.

O xogo democrático ou é para todos ou non é”, remata a súa reflexión Noriega ao engadir en todo caso, a súa preocupación “porque os traballadores e traballadoras dese medio acumulen máis de dous meses e medio de atraso no cobro dos seus salarios. A miña solidariedade con eles”.

Este comentario no seu perfil de FB tivo máis de 860 “gústames” e foi compartido por 103 persoas. Ademais tivo numerosos comentarios. A maior parte apoiando as súas críticas. Con todo, varios traballadores e colaboradores de El Correo Gallego puntualizaron as súas críticas.

"Eu non son empregado do Correo Gallego , non cobro deles, pero fago un blog de viaxes independentehttp://blogs.elcorreogallego.com/francamino. Non recibo ordes de ningen. Entendo que non guste, pero nel estan a traballar centos de persoas profesionais, moitas progresistas e nacionalistas que fan o seu traballo de maneira decente . Por favor , evitar descalificacións xenericas”, escribía un deles. 

Máis directo era un xornalista. “Pois eu agardo que despois da arroutada o alcalde explique no pleno con pelos e señais o reparto por empresas xornalísticas euro a euro como, a quen é por que se concederon. Euro a euro e empresa a empresa. En pleno municipal, que é de tidos os composteláns, e non en Facebook particular”, apuntou.

Pero a maioría loubou as críticas realizadas por Noriega xa que é a primeira vez que un alcalde fala públicamente das millonarias axudas que reciben os grandes medios de comunicación para falar ben de determinados dirixentes políticos, unha práctica moi común en determinadas institucións públicas. 

Así, un usuario suliñaba que “neste tipo de cousas debería de entrar a. Fiscalía é INVESTIGAR de onde saen as financiacións aos medios de comunicación, e xa.para.empezar DEBERIASELLE EXISIR AO PP DE.COMPOSTELA EXPLICACIONS DO PORQUE DESTE DESPILFARRO”.

Outros aproveitaron para lembrarlle ao rexedor que, igual que El Correo Gallego, tamén La Voz de Galicia recibe suculentas axudas. Un deles apuntaba “ ECG e a Coz van ter que espabilar e vender mais, subvención 0€. , O grave son os traballador@s” e outro indicaba que “agardo que teñas folgos para aguantar os embates dun poder que empregaba os presupostos públicos para autobombo. Era visto. Precisamos ese aire fresco tamén os que non residimos en Compostela. O caso é moi semellante:La Voz de Galicia,La Rsgión... Panfletos que adulan ao gobernante que inxecta presupostos publicos neles e descualifican a quen lles recurta privilexios. Animo”.

Pero, o rexedor compostelán deixaba de lado na súa crítica a El Correo Gallego ao outro principal medio da capital galega, La voz de Galicia. Precisamente, este xoves, e logo da súa xuntanza institucional co presidente da Xunta, Noriega incluía no seu muro a noticia publicada ao respecto polo xornal coruñés cun elocuente “informando”. 

Fontes de Compostela Aberta consultadas por GC aseguran que o concello fará pública toda a listaxe de subvencións que durante estes últimos meses recibiron os medios de comunicación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

21 Gamela

Lástima non teñamos en Vigo ninguén que faga este "traballo" / levamos anos sen saber canto paga o Alcalde de Vigo ao Faro de Vigo e a LOCALIA TV VIGO e a Televigo... polos dous programas continuos do Alcalde durante máis de 8 anos consecutivos... NINGUÉN INFORMA? Sobre todo como se pode facer de xeito tan continuado sen que ninguén abra a boca ???

1 Un que sabe do asunto

Aqui os únicos medios que poden falar de certa independencia son algúns dixitais e uns cantos en papel. Claro que a súa incidencia é pequena; máis poderia ser se os chamados galegos de pro leran menos La Voz, Faro e damáis compinches e apoiaran a estes medios alternativos. Irán por aí os tiros de Noriega?

20 Kalandro

Alucinó!!! OS medios reciben subvencións!!! É incrible!!! Pero seguro que La Voz e Faro non, verdade? Son moi independientes, non si?

19 Xose da L

A ver Lores cando deixa de baixar a cabeciña diante da Voz. Aí,estes larpeiros da UPG...

18 Galego Ceibe

Grande Martiño!! Rachando cun dos maiores tabús da política galega!! Atá o de agora,todos os políticos (PP-PSOE-BNG),facían reverencias aos xornais. Agora,de maneira limpa e transparente,os caciques xornalísticos poden recibir críticas. Isto é a democracia

17 pinchorla

Non por sabido, por algúns,sabe todo o mundo que hai xornais que son "premiados" por facer propaganda do goberno de turno.Nese sentido fai ben en criticar e denunciar estas actuacións.Outra cousa é que o faiga a través das redes sociais.En todo caso agardo que Martiño non faiga o mesmo.Adianto que non son precisamente un creente de Noriega.