Rego reclama prioridade para a conexión de AVE entre Vigo e O Porto

Sobre migración, o deputado do BNG no Congreso lembrou que son "unha forza soberanista" e por tanto son "favorables a que se ceden todas as competencias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Executivo central "prioridade" para a conexión de AVE entre Vigo e O Porto como "está a facer o Goberno portugués" para poder chegar "xuntos" ao 2030.

Nunha rolda de prensa ofrecida este martes, o parlamentario nacionalista aludiu ás declaracións realizadas polo alcalde de Lisboa, Carlos Moedas, nas que criticaba as políticas do Goberno portugués por primar as infraestruturas ferroviarias do Eixo Atlántico e apostaba por priorizar a conexión con Madrid.

Na súa intervención, destacou que o BNG leva moitos anos reclamando ao Goberno español que faga o seu parte da conexión entre Vigo e O Porto. "Isto está no acordo de investidura, no qeu o BNG conseguiu o compromiso do Goberno coa mesma data que o portugués: 2030 para ter conexión directa entre A Coruña e Lisboa", afirmou.

Rego puxo en valor a aposta do Executivo portugués por esta conexión, dado que licitou o primeiro tramo entre O Porto e Aveiro. Ademais, apelou ao Executivo español a facer o mesmo. "A fronteira galego portuguesa é a fronteira europea máis permeable, onde máis persoas circulan diariamente", sostivo Rego, que insistiu en que se debe avanzar na execución do tramo Vigo-Valença.

Na rolda de prensa, ademais, Rego mostrouse convencido de que o próximo 18 de febreiro "haberá en Galicia" e puxo de manifesto que "xa todas as enquisas indican unha evolución decreciente do PP" e que mesmo algunhas "sinalan a súa perda da maioría absoluta".

"Unha tendencia que se verá acentuada pola demostración da súa incompetencia na xestión da contaminación por pélets, xa que o único que fixo foi repetir o protocolo da vergoña do Prestige: incompetencia, mentiras e manipulacións", afirmou o nacionalista, que chamou aos galegos a acudir o vindeiro domingo, día 21 á manifestación para denunciar o abandono e reclamar a protección do mar.

Néstor Rego / BNG. / Europa Press
Néstor Rego / BNG. / Europa Press

MIGRACIÓN

Javier Sánchez, un dos coportavoces de Podemos, insistiu en que "máis aló da cuestión competencial, a política migratoria ten que basearse no respecto aos dereitos humanos, en xerar unhas migracións seguras e, en último termo, tamén en regularizar a moitos inmigrantes que están en situación irregular e que durante moitos anos deixóuselles á intemperie". "Este non é só un debate competencial, o debate competencial é o secundario", declarou nunha rolda de prensa celebrada na Cámara Baixa, onde engadiu que o debate é "europeo".

Desde o BNG, Néstor Rego lembrou que son "unha forza soberanista" e por tanto son "favorables a que se ceden todas as competencias". Ademais, engadiu que son "contrarios a calquera tipo de medida política que implique vulneración de dereitos humanos e que implica ademais que o Estado español non asume o seu parte de responsabilidade nunha repartición internacional que provoca pobreza e miseria en moitos países".

Pola súa banda, a portavoz de VOX no Congreso dos Deputados, Pepa Millán, afirmou que a cesión das competencias en inmigración a Cataluña "non son máis que cesións aos separatistas" e engadiu que non é que "o Goberno se sentase e avaliase a situación real, nefasta, por certo, que hai en Cataluña coa inmigración ilegal". "Cédena porque é outra imposición máis dos separatistas", concluíu.

O portavoz do PSOE no Congreso dos Deputados, Patxi López, sinalou que "a política de inmigración é unha competencia exclusiva do Estado" e aínda que cabe a delegación de "certas competencias", se preserva " para o Estado o que ten que ver co control de fronteiras, coa inmigración irregular, o que ten que ver tamén co tráfico de seres humanos e por tanto o combate contra as mafias" e o que ten que ver con "as políticas de asilo".

Neste contexto, precisou que o que o Goberno pactou con Junts, é "que as comunidades teñan a capacidade e a delegación para a ordenación da inmigración" e "para a integración da inmigración".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta