CC.OO. pide salarios mínimos de ata 26.500 euros á patronal de Inditex, Mango e H&M e reducións de xornadas

Propón chegar a 37,5 horas semanais para 2024 e a 35 horas de forma progresiva.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/01/2024 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

CC.OO. reclama á Asociación Retail Téxtil España (ARTE), que está integrada por Inditex, Mango, Primark e H&M, entre outras firmas de moda, salarios mínimos de ata 26.500 euros función da antigüidade e a responsabilidade para os traballadores do sector no marco da negociación do primeiro convenio colectivo estatal do sector de comercio téxtil e o calzado, á vez que a empraza a manter unha "negociación real", segundo informa nun comunicado.

En concreto, o sindicato reivindica na súa proposta que se homologue á alza as táboas salariais, salarios mínimos anuais garantidos para 2025 entre 20.000 e 26.500 euros en función da antigüidade e a responsabilidade, incrementos salariais acordes ao IPC, mellorar bonus e incentivos, reducir a xornada anual a 37,5 horas semanais para 2024 e a 35 horas de forma progresiva, medidas para reducir a parcialidade, así como garantir voluntariedade e compensación en caso de aperturas en domingos e festivos, entre outras moitas propostas.

Desta forma, na última reunión da mesa negociadora do convenio de grandes cadeas de téxtil, CC.OO. presentou a súa plataforma, "dando así comezo unha negociación real" na que reitera que loitarán para avanzar na "homologación á alza das condicións laborais de máis de 100.000 traballadores.

CC.OO. considera esta negociación como unha oportunidade de reducir, homologando á alza e garantindo condicións, as enormes diferenzas existentes en materia salarial e de tempo de traballo entre empregados da mesma empresa.

Unha moza nunha macrotenda de Zara no Boulevard Austria de València
Unha moza nunha macrotenda de Zara no Boulevard Austria de València | Fonte: Rober Solsona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta