A inflación industrial galega pecha 2023 cunha caída do 5,9 %, por baixo da media nacional

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2024 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Os prezos industriais diminuíron en Galicia un 5,9 % o pasado mes de decembro, en compración co mesmo mes de 2022, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Este dato supón un descenso inferior ao da media nacional, xa que no total de España esta cifra baixou un 6,3 %, sumando dez meses en negativo.

En concreto, os bens de consumo incrementaron o seu prezo un 4,9 %, mentres que os bens de equipo subiron un 1,4 % e os bens intermedios baixaron de prezo un 3,2 %, así como a enerxía, que caeu nos últimos meses un 19,7 %. En total, sen a enerxía, subiu un 1,1 % a inflación industrial.

DATOS NACIONAIS

A nivel nacional, os prezos industriais diminuíron un 6,3 % o pasado mes de decembro en relación ao mesmo mes de 2022, moderando en 1,3 puntos o descenso rexistrado en novembro, segundo datos do INE. Co descenso interanual de decembro de 2023, a inflación do sector industrial encadea dez meses de taxas negativas despois de que en marzo puxese fin a un período de 26 meses consecutivos de incrementos, no que chegou a rexistrar taxas positivas de dous díxitos durante máis de 20 meses. A evolución dos prezos industriais en decembro débese ao aumento experimentado pola enerxía, que elevou case catro puntos a súa taxa, ata o - 20,6 %, e aos bens intermedios, que presentaron unha taxa do - 4,9 %, seis décimas por encima da de novembro.

Industria
Industria | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta