A metade do sector cultural galego concéntrase no mundo do cine e o audiovisual

O sector cultural galego contaba con 30.169 postos de traballo a peche de 2021, o que supón o 3 % do emprego da comunidade e o 2,5 % do Produto Interior Bruto (PIB), segundo o estudo publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O sector cultural galego contaba con 30.169 postos de traballo a peche de 2021, o que supón o 3 % do emprego da comunidade e o 2,5 % do Produto Interior Bruto (PIB), segundo o estudo publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. Dentro do sector cultural, o subsector de artes visuais achegan o 52,5 % do valor engadido bruto. Mentres, en función da fase do produto, a creación e produción representa o 73,7 % do total do sector.

O peso das ramas características do sector é inferior en Galicia que en España ou na Unión Europea. No ámbito territorial, o sector concéntrase na Coruña, Vigo e Santiago, con máis da metade do valor engadido. No tocante á intensidade das relacións intersectoriais, o IGE observa que "as ramas de actividade que conforman o sector cultural non están estreitamente relacionadas entre si, polo que non se pode falar da existencia dun complexo produtivo da cultura en Galicia".

"Ningunha das ramas características defínese como clave, aínda que, referido á relación entre as ramas características e o resto de actividades da economía hai que destacar o efecto arrastre que teñen sobre ramas como as actividades de aluguer, as actividades de seguridade, limpeza e administrativas de oficina ou nas ramas de reparacións", sostén o IGE nas súas conclusións sobre o sector.

Sala de cinema
Sala de cinema | Fonte: DEPUTACIÓN DE MÁLAGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta