Por Galicia Confidencial | Ribeira | 29/01/2024 | Actualizada ás 10:53
O uso do teléfono móbil salvoulles a vida. O feito de que os 3 tripulantes do pequeiro naufragado en Porto do Son avisasen co seu móbil ao 112 facilitou a posta en marcha dun operativo desde o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo en Fisterra que os permitiu localizar con vida e en bo estado.
O aviso chega ás 10.10h, cando o 112 informa ao CCS Fisterra que recibiu unha chamada de móbil dunha persoa cuxa embarcación, a Guiomar Un, está dada á volta e coa quilla ao sol na zona das Basoñas, en Porto do Son. Os tres mariñeiros están agarrados no buque envorcado.
De inmediato o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra mobiliza á Salvamar Regulus, ao helicóptero Helimer 402, ao avión Sasemar 102 Rosalía de Castro e aos barcos pesqueiros na zona. Ás 10:28h o Pesqueiro Alcón II informa que ve a embarcación envorcada e a tres presoas que parecen ilesas sobre ela. Ás 10:41 horas a Salvamar Regulus di que as tres persoas foron rescatadas. Dous dos tripulantes chegaron a nado até a Salvamar Regulus e un a bordo do pesqueiro PRAJO Primeiro.
DE NOVO O PRAJA PRIMEIRO
Non é a primeira vez que o Praja Primeiro vive unha situación similar. O 9 de xaneiro de 2020, a embarcación de pesca Rapaciña con dous tripulantes a bordo, sufriu unha escora excesiva mentres estaba botando as redes, o que provocou unha inundación repentina e rápida da bañeira da embarcación e o seu posterior envorco.
A embarcación terminou por afundirse nas proximidades do Castro de Baroña. Os seus dous tripulantes foron rescatados en bo estado de saúde pola embarcación de pesca Prajo Primeiro que estaba a faenar as inmediacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.