A ligazón de Figueirido, en Vilaboa, de acceso á AP-9 sufrirá afectacións ao tráfico desde este martes

Por obras de remodelación para a conexión coa A-57.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/01/2024 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A ligazón de Figueirido, en Vilaboa, de acceso á AP-9 desde a N-550 sufrirá afectacións ao tráfico desde este martes, 30 de xaneiro (a partir das 8,00 horas), por obras de remodelación para a conexión coa A-57.

Segundo informa o Ministerio de Transportes nun comunicado, cortaranse os accesos da calzada sentido Pontevedra da N-550, no seu punto quilométrico 129+800, coa ligazón á AP-9.

A duración desta primeira fase de obras será dun seis meses aproximadamente, indica este departamento. Os itinerarios alternativos realizaranse a través dos cambios de sentido dispoñibles antes e despois da ligazón e estarán debidamente sinalizados.

Obras na ligazón de Figueirido. MINISTERIO DE TRANSPORTES
Obras na ligazón de Figueirido. MINISTERIO DE TRANSPORTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta