A provincia de Pontevedra mellorou a súa seguridade no 2023: 30,28 delitos por cada mil habitantes

Abel Losada puxo o foco no papel preponderante da ciberdelincuecia, fundamentalmente estafas, cun incremento no ámbito urbano da provincia. A súa porcentaxe supuxo o 23% do total, por baixo do 30 % que alcanzou en 2019. E indicou que se trata de delitos "especialmente difíciles de investigar".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/01/2024 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, destacou este martes as "boas cifras" da provincia en materia de seguridade, con 30,28 delitos por cada mil habitantes en 2023, o que supón situarse por baixo da media nacional, que se atopa nos 36,9 por cada milleiro de persoas.

Segundo os seus datos, o número de infraccións rexistradas na demarcación da Garda Civil baixou un 3,22 % o ano pasado, mentres que no marco da Policía Nacional descendeu un 0,51 %. Para Losada, é necesario tomar os datos con "moita prudencia", tanto cando son "moderadamente positivos" como agora, como cando sexan negativos.

Felicitou polo seu traballo ao longo dos anos aos máximos responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Pontevedra, como son o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Simón Venzal; o xefe do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Juan José Díaz; o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, e o responsable provincial da Garda Civil de Tráfico, Antonio Pérez Piteira.

Abel Losada puxo o foco no papel preponderante da ciberdelincuecia, fundamentalmente estafas, cun incremento no ámbito urbano da provincia. A súa porcentaxe supuxo o 23% do total, por baixo do 30 % que alcanzou en 2019. El indicou que se trata de delitos "especialmente difíciles de investigar".

No balance da Garda Civil constátase un pequeno incremento dos delitos leves, mentres se reducen os graves como roubos con forza. Mellorouse á súa vez a porcentaxe de esclarecemento das infraccións penais investigadas e do número de detidos. En canto á Policía Nacional, tamén subiu o índice de esclarecemento e o número de detidos, baixando os delitos contra as persoas, especialmente os de lesións graves. Con todo, o subdelegado mostrou a súa preocupación polo progresivo incremento do impacto do lecer nocturno, sobre todo en determinados delitos contra a propiedade como contra as persoas.

Abel Losada
Abel Losada | Fonte: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta