Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/02/2024 | Actualizada ás 20:30
O radón é a segunda causa de morte por cancro de pulmón entre persoas fumadoras e a primeira entre persoas non fumadoras. Porén, os riscos deste gas son pouco coñecidos entre a sociedade. O estudo, realizado polo grupo Novos Medios da USC, busca coñercer o risco do radón como base para unha comunicación eficaz. Os resultados da investigación alertan de que a poboación española ten un coñecemento moderado sobre este gas. Saben que é un gas (83, 4%), que é invisible a simple vista (67,4%) e inodoro (42,9%); que pode atoparse no chan (54,4%) e na auga (24,5%), pero no aire libre (33,8%).
No que atinxe ás medidas para reducir os seus efectos, o descoñecemento é maior, xa que o 75,4% cre que se pode baixar evitando vivir preto de fábricas contaminantes, mentres que as medidas realmente efectivas son coñecidas por menos da metade da poboación.
No caso das comunidades de alta incidencia deste gas, como é o caso de Galicia, o coñecemento resulta maior. Así, o 77% das persoas participantes, en lugares de alta concentración, recoñece o radón como canceríxeno. Tamén se identifica que os homes están máis enterados, ao igual que a cidadanía con maior nivel formativo. Porén, o estudo indica que as mulleres teñen maior percepción dos riscos e os cidadáns menos formados presentan valores mínimos de percepción.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.