Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/02/2024 | Actualizada ás 10:23
Unha persoa morreu e outras dúas resultaron feridas de gravidade tras producirse unha colisión entre dous vehículos na localidade lucense de Pantón, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.
En concreto o accidente produciuse na GC-2.1, en Santalla de Toiriz e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Monforte que axudaron a liberar aos dous condutores que se atopaban atrapados dentro de senllos coches tras o impacto.
Ademais dos bombeiros interviñeron as Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Garda Civil de Tráfico, equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas e Protección Civil de Saviñao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.