O cineasta finlandés Aki Kaurismäki presenta o filme 'Fallen leaves' na Filmoteca de Galicia

A película aínda está en carteleira en diferentes cidades de España, onde "é xa o maior éxito de público de Kaurismäki até a data, superando os 110.000 espectadores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2024 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

A Filmoteca de Galicia foi o escenario elixido polo cineasta Aki Kaurismäki para presentar a súa última película, 'Fallen leaves', en Galicia. O realizador finlandés desprazouse ata A Coruña con motivo desta sesión, que forma parte da retrospectiva que a cinemateca da Xunta dedícalle ata finais do mes de abril.

Alí estivo tamén o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, que recibiu ao director antes do pase para o público. A cinta poderá verse de novo o vindeiro venres ás 18,00 horas e, este mércores, exhibiuse en versión orixinal con subtítulos en galego grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tal e como lembraron nun comunicado, 'Fallen leaves' ha foi premio do xurado na pasada edición do Festival de Cannes, ademais de ser recoñecida como a mellor película de 2023 nos galardóns da Fipresci (Federación Internacional da Prensa Cinematográfica).

A película aínda está en carteleira en diferentes cidades de España, onde "é xa o maior éxito de público de Kaurismäki até a data, superando os 110.000 espectadores". Xunto con este título, en febreiro poderán verse na Filmoteca outro cinco películas a través das que se desenvolve un percorrido cronolóxico polos inicios da súa carreira.

Arrinca esta mesma semana con 'Sombras no paraíso', proxectada este martes e da que haberá un segundo pase este xoves. Séguelle 'Hamlet vai de negocios', a súa versión "anticapitalista" do clásico de Shakespeare, que poderá verse os días 14 e 15 de febreiro.

'Ariel' está programada para o 17 e o 20 de febreiro, mentres que o día 22 será a quenda de 'Leningrand Cowboys Go America', un das longametraxes da serie de traballos que lle dedicou a este grupo de rock. Completa a selección do mes 'A moza da fábrica de mistos', programada os días 23 e 27 e que, xunto a 'Sombras no paraíso' e 'Ariel', conforma a súa "triloxía do proletariado".

"Estes filmes marcan o inicio da que está considerada como unha das máis singulares traxectorias do cinema contemporáneo. As películas de Kaurismäki mostran unhas raíes profundamente ancoradas na súa Finlandia natal, con imaxes secas e cheas de soidade e de melancolía, das que emerxe un discurso que fala do desamparo social, da derrota individual ou da desolación existencial, entre outros temas, e no que destaca tamén a súa particular mirada tragicómica", destacan.

Aki Kaurismäki, director de cinema
Aki Kaurismäki, director de cinema

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta