Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/02/2024 | Actualizada ás 11:07
As forzas de seguridade detiveron a madrugada deste domingo ao autor dun roubo con forza cometido no restaurante Salgadoiro en Sanxenxo. Segundo informou o Concello da localidade, a actuación levouse a cabo "en apenas uns minutos". O home arrestado, que recoñeceu os feitos, accedería ao restaurante situado na rúa Augusto González Bicada, tras romper unha xanela traseira e levouse un botín de ao redor de 300 euros.
As cámaras de seguridade do local permitiron aos axentes da Policía Local e da Garda Civil identificar o autor do roubo, veciño de Sanxenxo e con antecedentes por feitos similares en locais do municipio, e detelo poucos minutos despois camiño a un domicilio no que vive como okupa. O detido, que levaba o diñeiro repartido en varios petos, pasará a disposición xudicial nas próximas horas. Así mesmo, as forzas de seguridade investigan se tamén está relacionado con outro roubo cometido a uns metros do restaurante no local La Metro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.