Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 19:23
A estación de montaña de Manzaneda abrirá esta fin de semana con polo menos dúas pistas abertas e coa previsión de que a neve se manteña cun espesor de ata 10 centímetros.
Nas últimas horas na estación intensificáronse os traballos para poder abrir, polo menos, dúas pistas e tamén para poder habilitar o maior número posible de quilómetros esquiables.
Aínda que a previsión anuncia choivas para este sábado pola noite, a neve podería manterse durante toda a fin de semana e a próxima semana, cando esperan que continúen as baixas temperaturas.
Por tanto, os visitantes poderán acudir á estación en horario ininterrompido de 9,20 a 17,15 horas e poderán alugar os equipos desde as 8,30 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.