Un home morto e dúas mulleres feridas nunha colisión entre dous coches e un camión en Tordoia

Faltaban 10 minutos para as 19.00 da tarde cando un particular chamaba ao 112 para alertar do sinistro ocorrido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2024 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

Un home morreu e dúas mulleres resultaron feridas, de diversa consideración, nunha colisión entre dous coches e un camión ocorrida na tarde deste sábado en Tordoia. Faltaban 10 minutos para as 19.00 da tarde cando un particular chamaba ao 112 para alertar do sinistro ocorrido no quilómetro 33,5 da AC-400, en Andoio.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, nun dos turismos viaxaban dúas persoas, entre elas o home falecido, que necesitou ser excarcerado polos bombeiros. Ademais, neste vehículo ía unha muller que resultou ferida grave, polo que os servizos sanitarios tivérona que trasladar.

No outro coche implicado --sempre segundo fontes do 112-- viaxaba unha única persoa. Trátase dunha muller que, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade, tamén foi evacuada.

Colisión entre dous vehículos.
Colisión entre dous vehículos. | Fonte: 112 Galicia.. 112 GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta