Vodafone despide traballadores en Galicia a pesar de gañar cartos

Protestas convocadas en Vigo e A Coruña para o luns. A compañía presenta un ERE que afecta a 1.297 empregados a pesar de rematar o ano fiscal cun 21,4% de beneficios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/09/2015 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Os traballadores de Vodafone Ono Galicia concentraránse este luns diante das sedes desta empresa na Coruña e Vigo logo da intención da compañía de realizar un ERE que afectará a 1.297 deles.

Tenda de Vodafone en Galicia
Tenda de Vodafone en Galicia

Este proceso de despedimentos afecta ao 21,5 % do persoal de ambas as compañías, que compoñen ao redor de 6.000 persoas. Dos 1.297 traballadores afectados, o 62 % (805 persoas) corresponden a Ono. Vodafone xustificou os despedimentos polas redundancias xeradas na súa integración con Ono, así como pola caída dos ingresos e do resultado de explotación (ebitda) que sufriron nos últimos anos. 

Este é o cuarto ERE nos últimos seis anos —tres en Vodafone e un en Ono—, ademais doutros axustes que fixo o persoal en termos de conxelación salarial e deterioración das condicións recollidas nos convenios.

Por iso, os sindicatos rexeitan o ERE. A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras de Galicia (FSC-CCOO) considera «inxustificada» esta medida porque lembra que a empresa ten beneficios e, tras os últimos ERE, "hai sobrecarga de traballo, novas contratacións e labores externalizados".

Canto ás causas económicas alegadas pola compañía, desde CCOO pregúntanse como se pode explicar que investindo 7.200 millóns de euros nunha compra e dando beneficios, "se poida apelar a este suposto". Ademais, os resultados financeiros do 1 de abril do 2014 ao 31 de marzo de 2015, presentados pola empresa á prensa, indican que Vodafone España facturou en total 4.697 millóns de euros. No conxunto do ano fiscal, a marxe de ebitda ascendeu ao 21,4 %.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta