Os descontos autonómicos do transporte público levan bonificados máis de 25 millóns de viaxes

O que supón o 78% do total destes desprazamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Xunta informa de que os descontos autonómicos do transporte público levan bonificados a máis de 25 millóns de viaxes, o que supón o 78% do total destes desprazamentos. O Goberno galego aplica desde o de setembro de 2022 estes descontos, cos que incrementa nun 20% o 30% de axuda estatal, ata un total do 50% de bonificación.

No tocante a 2023, as bonificacións alcanzaron a case 20 millóns de viaxe, un 80% do total neste caso. Estes descontos tamén aceleraron a emisión das Tarxetas de Mobilidade de Galicia, que alcanzan 12.100 novos dispositivo de media ao mes, o dobre que antes.

Nun comunicado, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destaca que achega un investimento de 100 millóns de euros anuais ao transporte da comunidade galega.

Pola súa banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde que permite continuar ata finais de ano con estas bonificacións xa anunciadas para os autobuses interurbanos, transporte da ría de Vigo e tren na área de Ferrol.

Parada de autobús / EUROPA PRESS - Arquivo  / Europa Press
Parada de autobús / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta