Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/03/2024 | Actualizada ás 14:23
Un traballador de 52 anos de idade, A.M.C., resultou ferido este luns no municipio ourensán de Porqueira, tras recibir un golpe da parte traseira da góndola dun camión, e foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do 061, o accidente tivo lugar pasadas as 9.00 horas, cando este traballador foi golpeado pola rampla da góndola do vehículo, mentres traballaba na planta areeira das Míllaras.
Foi precisamente o 061 o que deu aviso aos servizos de Emerxencias, e desde o 112 informouse do sucedido a Protección Civil de Porqueira, e á Garda Civil. Ao lugar acudiu unha ambulancia de Soporte Vital Básico, que trasladou ao traballador ferido, consciente, ao complexo hospitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.