Os bombeiros liberan a dúas persoas atrapadas no seu coche tras envorcar cando circulaban por Betanzos

O sinistro tivo lugar ás 16,30 horas deste venres no quilómetro 575 a estrada N-V.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2024 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Os bombeiros liberaron a dous personsa que quedaron atrapadas no interior do coche no que viaxaban tras envorcar cando circulaban por Betanzos. O sinistro tivo lugar ás 16,30 horas deste venres no quilómetro 575 a estrada N-V, nas proximidades do lugar onde horas antes faleceu un condutor de 61 anos ao invadir o carril contrario e impactar contra un camión.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar aos ocupantes do coche, que foron evacuados en ambulancia a un centro hospitalario.

Doutra banda, outras dúas persoas resultaron feridas nun accidente entre dous vehículos rexistrado tamén ás 16,30 horas deste venres na parroquia de San Salvador de Budiño do Porriño. As dúas persoas feridas atopábanse a bordo do mesmo vehículo, no que tamén viaxaba outro pasaxeiro que resultou ileso. Ata o lugar mobilizáronse, ademais de efectivos de emerxencias, unha dotación de Urxencias Sanitarias para atender aos feridos.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta