Os nacementos en Galicia continúan a esborrallarse: caen un 7,5% no terceiro trimestre de 2023

Galicia rexistra un saldo vexetativo negativo de 3.789 persoas segundo os datos do IGE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 7.368 defuncións no terceiro trimestre de 2023, que contrastan cos 3.579 nacementos que tiveron lugar entre xullo, agosto e setembro, o que arroxa un saldo vexetativo negativo de 3.789 persoas, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

Cabe lembrar que o Instituto Nacional de Estatística (INE) xa publicou hai un mes os datos estimativos de nacementos en Galicia a peche de 2023, cun total dun total de 14.103 no global, o que supón 392 menos que en 2022 (-2,7%), o peor dato na comunidade desde que hai rexistros. Informaba de 32.714 falecementos ao longo do ano, para un saldo vexetativo negativo de 18.611 persoas no exercicio.

Este venres, o IGE informa do avance do terceiro trimestre de 2023, no que os nacementos se esborrallaron un 7,5% en comparación co mesmo período de 2022. No entanto, as defuncións reducíronse un 14,6% no mesmo espazo temporal.

No tocante a matrimonios, houbo 3.602 na comunidade no verán de 2023, é dicir, un 5,6% menos que no período estival de 2022. Do total, 3.528 foron ligazóns entre parellas de diferente sexo e 74, do mesmo sexo.

Arquivo - Cidadanía convoca as axudas de 2022 destinadas a familias con fillos nados de partos ou adopcións múltiples.. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo
Arquivo - Cidadanía convoca as axudas de 2022 destinadas a familias con fillos nados de partos ou adopcións múltiples.. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta