A Xunta autoriza a construción do parque eólico Alto Torreiro, en Cabana de Bergantiños e Coristanco

Publicado tamén o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Alvite II, nos concellos de Negreira e Mazaricos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Xunta outorgou a autorización administrativa previa e de construción das instalacións relativas aos proxectos do parque eólico Alto Torreiro -- Cabana de Bergantiños e Coristanco--, promovido por EDP Renovables España, S.L.U.

Segundo se recolle nunha resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste venres, o orzamento de execución sería de 13.625.402,18 euros e contaría cunha potencia autorizada de 15,825 MW e unha produción neta de 49.000 MWh/ano.

Entre as características técnicas desta instalación, o texto detalla dous aeroxeradores de 6.600 KW de potencia unitaria e un aeroxerador de 2.625 kW, así como dous centros de transformación, un dentro de cada aeroxerador, e outro centro de transformación, dentro do outro aeroxerador, de tipo seco e illados mediante resina epoxi.

Tamén expón unha rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora Bustelo e Baralláns, así como unha torre meteorolóxica de 122,5 metros.

Paralelamente, o DOG publica este venres o acordo da Consellería de Economía, Industria e Innovación polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite II, nos concellos de Negreira e Mazaricos.

Neste caso, o solicitante é Green Capital Power, S.L., conta cun orzamento de execución material de 2.141.466,06 euros e un prazo de execución de sete meses. Así, o proxecto faise público para poder examinar a documentación técnica e presentar as alegacións que se estimen oportunas dentro dun prazo de 30 días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación nas provincias afectadas.

Muíños Eólicos
Muíños Eólicos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta