Envorca co coche na AP-9 á altura de Pontevedra por quedar durmido ao volante

No quilómetro 132 da autoestrada, na parroquia pontevedresa de Salcedo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida ao envorcar co seu coche na AP-9 á altura de Pontevedra, ao parecer porque se quedou durmido ao volante.

Así o indican a Europa Press fontes do 112 Galicia, que informan de que ocorreu sobre as 8.50 horas da mañá no quilómetro 132 da autoestrada, na parroquia pontevedresa de Salcedo. O coche tiña un único ocupante que xa estaba fóra e, segundo os particulares que alertaron á central de emerxencias, puido quedarse durmido ao volante.

O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Pontevedra e ao servizo de mantemento da autoestrada.

112 Galicia, Accidente De Coche. 112
112 Galicia, Accidente De Coche. 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta