O temporal deixa o xoves en Galicia máis de 400 incidencias

A borrasca Nelson deixa refachos de vento de ata 135 km/h

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2024 | Actualizada ás 23:56

Comparte esta noticia

A borrasca Nelson, que trouxo a Galicia choiva, vento e neve, deixou este venres en Galicia ao redor de 400 incidencias, segundo rexistrou o 112. En total, desde as 09.00 horas do xoves ata as 18.00 horas do venres, o servizo rexistrou un total de 391 incidencias relacionadas cos episodios meteorolóxicos adversos que afectan á nosa comunidade.

A caída de árbores e ramas nas estradas segue sendo a tipoloxía máis repetida (156), ademais da intervención dos servizos de emerxencias (58) por prevención de riscos, os incidentes relacionados con obxectos varios desprazados nas estradas (34) e, entre outras, as contabilizadas por mor dos cables de iluminación e de telefonía caído nas vías (29).

Engaden tamén as relacionadas coa presenza de neve e xeo nas estradas (22). A maior parte destes incidentes debeuse ao aviso de particulares que informaban ao 112 de presenza de neve na estrada pola que circulaban.

Por provincias, a peor parte levoulla a de Pontevedra (163), seguida a da Coruña (115), a de Lugo con (65) e a de Ourense con (40) incidentes rexistrados. En canto aos concellos máis afectados, destaca Vigo (16) e o da Cañiza (15) na provincia de Pontevedra, o concello de Santiago (7) e o de Melide (4). Na de Lugo, destaca o concello de Lugo con (10), o de Pedrafita do Cebreiro con (6), o de Folgoso do Courel con (4) e o de Becerreá con (5). Por último, na provincia de Ourense destaca o concello de Boborás con (4) incidentes e o de Ribadavia con (3) incidencias rexistradas.stradas no 112 Galicia revestiu gravidade.

REFACHOS DE 135 KM/H

As estacións meteorolóxicas de Meteogalicia rexistraron na tarde deste venres refachos de vento que superaron o 130 km/h. Concretamente, a máis forte notificouse en Carballeda de Valdeorras, de 135.8 km/h, ás 16.10 horas. En Viveiro e en Muras (Lugo), os refachos roldaron o 120 km/h.

Ondas durante unha borrasca e un temporal
Ondas durante unha borrasca e un temporal | Fonte: M. Dylan - Europa Press

ALERTA VENRES

A borrasca 'Nelson' activa tamén este venres a alerta amarela en toda a costa galega por ondada, que chegará ao catro metros. Segundo informou Meteogalicia, o aviso de nivel amarelo permanecerá activo durante toda a xornada e en toda a costa por ondas que oscilarán entre o catro e o cinco metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta