Unha muller ferida nun accidente de coche en Outes tivo que ser liberada cortando o parabrisas

Segundo informou o 112 Galicia, un particular alertou á central de emerxencias ás 11.15 horas de que un coche envorcara no quilómetro 66 da estrada AC-550, á altura da parroquia de Tarás.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 01/04/2024 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Durante a mañá deste luns rexistrouse un sinistro no que unha persoa resultou ferida na localidade coruñesa de Outes. Segundo informou o 112 Galicia, un particular alertou á central de emerxencias ás 11.15 horas de que un coche envorcara no quilómetro 66 da estrada AC-550, á altura da parroquia de Tarás.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Outes. Xa no lugar, os equipos de emerxencias comprobaron que a persoa permanecía consciente, aínda que era incapaz de abandonar o vehículo. A continuación, o GES de Noia cortou o parabrisas cunha ferramenta especializada e axudou a retirar á implicada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta