Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 19:26
O Grupo de Investigación de Románicas da USC creou a Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (PalMed) na que se recollen todas as cantigas que se coñecen na actualidade, unhas 1.700. O proxecto foi realizado por un equipo multidisciplinar liderado polas catedráticas de Filoloxía Románica Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín, xunto ao doutor Antonio Fernández Guiadanes e ao informático Carlos Sánchez.
Segundo se explica nunha nota de prensa, as transcricións van acompañadas das imaxes dos manuscritos. Ademais, engádese información sobre os caracteres orixinais naqueles casos nos que a súa lectura pode resultar máis complexa, como é o caso do sistema de abreviaturas empregado polos distintos copistas dos códices. "Trátase dunha base de datos pioneira a nivel internacional, xa que non existe outra igual de conservadora e coas mesmas características para ningunha tradición literaria medieval", indica unha das investigadoras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.