O primeiro exame para a cobertura de 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos será o 27 de abril

Un total de 659 persoas presentaron a solicitude de inscrición, das que foron admitidas 629.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O primeiro exame para a cobertura de 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos será o 27 de abril ás 10.00 horas no recinto feiral de Silleda.

Tal e como recolle o Goberno galego nun comunicado, así o acordou o tribunal encargado de avaliar o proceso selectivo na súa sesión constituínte celebrada este mércores na Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia (Agasp). Destacan que para "garantir a contratación do novo persoal para a tempada de verán", a Xunta acurtará á metade os prazos do proceso mediante a declaración de urxencia.

Un total de 659 persoas presentaron a solicitude de inscrición, das que foron admitidas 629. Os 30 restantes e as inscritas que non figuren nas listas provisionais publicadas na páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/) dispoñen de cinco días hábiles a partir deste mércores para presentar emendas. O prazo finaliza o martes 16 de abril.

O proceso consta de tres probas que empezan coa envaluación de coñecementos cun cuestionario de 50 preguntas tipo test e, en caso de non estar exentos, da avaliación de coñecemento do galego. A terceira proba é de aptitude física con exercicios de potencia de tren inferior con salto e vertial e de resistencia cunha carreira de 1.000 metros lisos.

Os aspirantes que aproben e os incluídos na lista de reserva deberán superar, posteriormente, un curso de formación teórico-práctica na Agasp como requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de Policía Local.

Os 32 concellos que convocan as 127 prazas son: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, O Grove, O Rosal, Poio, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Bergondo, Boiro, Camariñas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Noia e Ponteceso, na provincia da Coruña; así como os municipios ourensáns de Barbadás e O Barco de Valdeorras; e Mondoñedo, en Lugo.

Probas de coñecemento pasada para cubrir postos para auxiliar de Policía Local, no recinto feiral de Silleda. XUNTA
Probas de coñecemento pasada para cubrir postos para auxiliar de Policía Local, no recinto feiral de Silleda. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta