Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 15:54
A Universidade de Santiago (USC) conmemora os 50 anos da Revolución dos Caraveis, cunhas xornadas sobre a historia, literatura, cultura e política. Os actos, baixo o título '50 anos do 25 de abril', foron presentados este xoves polo reitor da USC, Antonio López, e o decano da Facultade de Filoloxía, Elias Feijo Torres. Así mesmo, o decano detallou que o motivo de que a USC realice esta celebración débese á "vocación histórica" de relación con Portugal.
As actividades dividirase en dúas partes. A primeira delas será do 23 ao 25 de abril e as charlas versarán sobre a literatura e a música e desenvolveranse no salón de graos da facultade de Filoloxía. Segundo explicou Feijo Torres, Isabel Margato explicará que había na literatura anterior ao 25 de abril, Xosé Fortes Bouzán e Margarita Ledo falarán sobre os efectos do 25 de abril, haberá a presentación do libro '50 anos de abril na Galiza' e Rui Pato falará sobre o seu testemuño.
A segunda parte, que versará sobre a historia, será os días 7 e 8 de maio baixo a lema 'O 25 de abril na historia' e os actos terán lugar na facultade e haberá un coloquio no Museo do Pobo Galego. Por iso, contarán coa presenza do maior xeral Pedro de Pezart Correia, haberá un coloquio sobre as transicións ibéricas impartido por Fernando Rosas, Neves Lagares e Manuel de Artaza e que terá lugar no Museo do Pobo Galego.
O remate das xornadas será unha conferencia sobre memoria histórica que levará a cabo Fernando Rosas. "Historia, literatura, cultura, política, o propio impacto en Galicia son algunhas das coordenadas que quixemos reunir aquí e que penso que configura un programa moi dilatado e suficientemente variado", sentenciou Elias Feijo Torres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.