Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2024 | Actualizada ás 18:13
A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, defendeu hoxe a aposta da Xunta polo fomento da pesca sustentable nos ríos galegos e o cambio xeracional dun colectivo que tradicionalmente contou con moitos afeccionados na Comunidade. Coincidindo co inicio da tempada da pesca do salmón e do reo nas augas continentais galegas, a directora xeral visitou as instalacións da Estación Ictiolóxica de Ximonde, acompañada do director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Pontevedra, José Manuel González.
Tras lembrar que a tempada de pesca continental comezou o pasado 17 de marzo, Marisol Díaz explicou que un total de 38.000 pescadores galegos contan con licenza de pesca vixente nestes momentos. Ao respecto, incidiu na importancia de seguir apostando por esta práctica lúdica e deportiva e pola colaboración no sector, segundo apuntou na visita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.