O novo equipo de Sanidade reunirase a próxima semana con sindicatos

Emitiron un comunicado no que criticaban que ata o momento "non houbo contacto ningún".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O novo equipo da Consellería de Sanidade reunirase a próxima semana por primeira vez cos sindicatos da mesa sectorial (CIG, CSIF, CCOO e UXT), que precisamente este venres emitiron un comunicado no que criticaban que ata o momento "non houbo contacto ningún".

En concreto, o catro organizacións que forman parte do principal órgano negociador das condicións laborais do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) queixábanse de que o novo conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, aínda non os recibiu a pesar de tomar posesión o pasado 15 de abril. Neste comunicado conxunto, os sindicatos lembraban que son os representantes dos traballadores, "o principal valor" da sanidade pública. Por iso, lamentaban que non fosen convidados o acto do xoves no que Gómez Caamaño presentou ao renovado --case ao completo-- equipo da Consellería de Sanidade, ao que si acudiron asociacións de pacientes e colexios profesionais.

Neste contexto, as organizacións presentes na mesa sectorial criticaban que o novo conselleiro se esqueza deles a pesar de que el mesmo recomendou ao seu equipo "escoita, diálogo e cooperación".

"Esperamos que tan só sexa un lapsus e que os responsables do Goberno de Galicia lembren que existe un foro lexitimamente constituído e representantes dos traballadores e traballadoras legalmente elixidos para tratar e negociar as condicións laborais do persoal, máis aló dos contactos que poidan manter con calquera outra asociación ou organización", concluía o escrito de CIG, CSIF, CCOO e UXT. Tras este comunicado, a Consellería de Sanidade contactou cos sindicatos para que "en próximos días", tal e como ratifican fontes deste departamento, poida haber ese primeiro contacto.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas) / Europa Press  / Europa Press
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta