Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2024 | Actualizada ás 12:38
Dúas persoas resultaron feridas tras envorcar un vehículo, dar varias voltas de campá e chocar contra a mediana na A-52 ao seu paso polo municipio ourensán de Toén.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 11,30 horas deste sábado á altura de Alongos, no quilómetro 234 da devandita vía e foron varios particulares que alertaron de que no interior do vehículo había dúas persoas que necesitaban asistencia sanitaria.
A central de emerxencias avisou a Urxencias Santiarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil e ao GES de Ribadavia. Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que as persoas feridas estaban fóra do vehículo --polo que non foi necesaria a excarceración-- e foron atendidas polos profesionais sanitarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.