Buscan en Campo Lameiro ao dono do diñeiro que apareceu nun paso de peóns

Nas inmediacións da antiga sucursal de Abanca.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/05/2024 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O Concello de Campo Lameiro  busca ao dono do diñeiro que apareceu nun paso de peóns nas inmediacións da antiga sucursal de Abanca.

Segundo informou o consistorio, o propietario deberá pasar o luns polas dependencias municipais e solicitar información de como pode recuperalos. O Concello felicitou e agradeceu o comportamento cívico da persoa que atopou o diñeiro e depositouno nas oficinas municipais.

O Concello de Campo Lameiro
O Concello de Campo Lameiro | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta