O streamer galego Guanyar boxeará na Velada do ano IV

O evento é o máis famoso do streamer Ibai Llanos, e terá lugar o 13 de xullo no Santiago Bernabeu.

Por Elena G.Fdz | Santiago de Compostela | 06/05/2024 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O proxecto do famoso streamer Ibai Llanos, A Velada do ano, chegará coa súa cuarta edición o 13 de xullo no estadio Santiago Bernabeu. Este evento de boxeo entre streamers e creadores de contido conta con seis combates e actuacións musicais en directo. 

O streamer Guanyar contra La Cobra na Velada do ano IV
O streamer Guanyar contra La Cobra na Velada do ano IV | Fonte: Ibai Llanos

Diego Iglesias, máis coñecio como Guanyar, protagonizará o segundo combate da noite, un dos máis esperados, xunto ó arxentino La Cobra. Ambos loitadores relacionanse cun contido que dista do que estamos acostumados, con Guanyar baseánose en IRL (in real life) e La Cobra co mundo do fútbol. 

Ambos tiveron un ano 2023 moi bo, no que foron crecendo progresivamente, especialmente no caso de Guanyar, quen pegou moi forte ó longo de todo o ano pasado e xa conta con máis de medio millón de seguidores en Twitch

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta