Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 19:10
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol han decido retirar o nome de José Couso ao Premio liberdade de prensa, atendendo á petición expresa pola familia Couso Permuy.
En concreto, solicitouno a nai e irmáns do cámara de televisión ferrolán, que faleceu no ano 2003 cando estaba a cubrir para a cadea Telecinco a guerra de Iraq.
Nun comunicado conxunto, ambas as entidades lembran que "o Premio Internacional de Liberdade de Prensa ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha destacada traxectoria profesional, libre e independente".
Así, sinalaron que cada ano a candidatura gañadora é escollida por todos os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e os asociados do Club de Prensa de Ferrol e que tras retirarse o nome de José Couso, "o galardón volverá convocarse o próximo ano baixo unha denominación que aínda está por determinar", aseguraron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.