Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/05/2024 | Actualizada ás 09:47
Unha muller resultou ilesa tras saírse da vía o coche que conducía, na PO-350 en Tui,aínda que necesitou axuda para poder saír do vehículo, segundo informou o CIAE 112-Galicia.
O accidente ocorreu sobre as 22,50 horas deste martes, cando os servizos de Emerxencias recibiron un aviso dun particular que informaba dun accidente nesa estrada, á altura da parroquia de Areas. O alertante explicaba que un coche envorcara e que unha muller no seu interior non podía saír.
A sala de operacións do 112 informou os bombeiros do Porriño, aos servizos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Os efectivos de bombeiros tiveron que romper un portelo para poder sacar á muller do coche, que se atopaba envorcado lateralmente. A condutora foi examinada no punto polos servizos sanitarios, pero non resultou ferida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.