Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 12:36
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a convocatoria de axudas para os galegos chamados a participar nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París, que contan cun orzamento de 250.000 euros. Tal como informou a Xunta nun comunicado, nesta ocasión, como novidade, ademais da os deportistas, estas subvencións van destinadas a adestradores, técnicos, xuíces e árbitros.
A medida inclúe sete tipos de axudas de entre 1.500 12.000 euros, segundo as funcións que vaian desempeñar os beneficiarios e, en caso dos deportistas, segundo se xa participaron en anteriores xogos e se conseguiron medallas. O prazo de presentación de solicitude abre este sábado e prolongarase ata o 30 de setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.